Tras sete horas de reunión entre a parte empresarial do sector do metal e os sindicatos, estes finalmente decidiron continuar coa convocatoria de folga fixada para martes, mércores e xoves desta semana.
A parte empresarial da mesa negociadora do convenio de siderometal nun intento de alcanzar o acordo para asinar este convenio mellorou substancialmente as propostas expostas desde a última reunión no mes de setembro.
A proposta empresarial supón nestes momentos un incremento do 12,75% nos tres anos de vixencia, de tal maneira que en 2025 incrementaríase un 3,5%, (aceptando a parte empresarial o abono de atrasos desde o mes de xaneiro); un 3% en 2026, e un 3% en 2027 máis 2,5 € por día completo traballado, o que supoñería 555 euros máis ao ano (un 5’98% en cómputo global para este ano). Este plus de asistencia que se introduciría ese ano existe xa noutros convenios do sector como nos das provincias da Coruña e Lugo, por exemplo.
A proposta empresarial tamén inclúe unha cláusula de revisión salarial se o IPC real dos tres anos supera o 9,50%, actualizando táboas na diferenza ata un máximo de tres puntos.
Os sindicatos rexeitan a subida do 12,75% durante os 3 anos de vixencia para o sector do metal
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















