Cenlle reúne este sábado a 400 deportistas no campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo

A Federación Galega de Piragüismo estrea Barbantes coma sede de competición autonómica, nunha proba na que participarán trinta clubes galegos en categoría senior, junior e veterano

Cenlle acollerá mañá, sábado 26 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo (K2 e C2). A competición, que se celebrará nas augas do Miño á altura de Barbantes, conta cunha inscrición de 400 deportistas pertencentes a trinta clubes galegos diferentes de categoría senior, junior e veterano. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Na presentación da proba estiveron o vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Fredi Bea; o xefe de servizo de Deporte da Xunta en Ourense, Manuel Pérez e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández. 

A proba de mañá comezará ás 10,30 horas coa saída das canoas masculinas junior e rematará sobre ás 14,00 horas coa disputa da manga dos kayac senior masculino. Os participantes recorrerán 5 quilómetros nun circuíto de tres voltas no contexto do paseo termal de Barbantes-Cenlle. Un escenario que se estrea nun evento deste tipo, na intención da Deputación de Ourense e Federación Galega de Piragüismo de ampliar os escenarios e láminas de auga que se poden usar para celebrar competicións na provincia, acción alineada coa firme aposta da institución provincial por impulsar os deportes náuticos en Ourense.