Ribeiro en Común demanda unha ordenanza de ruídos e a posta en marcha dos proxectos das Termas de Prexigueiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Varias denuncias veciñais e malestar crecente levan ao grupo de Ribeiro en Común de Ribadavia a pedir a elaboración dunha ordenanza municipal de ruídos, e que a alcaldía interceda para que interceda entre as partes e cumpra as súas obrigas legais. Por este motivo, presentan unha moción para o pleno que se celebrará mañá xoves, e que propón que o Concello aprobe unha ordenanza municipal de ruídos que reforce o dereito ao descanso dos veciños e o faga mais compatible co lecer nocturno.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Concretamente, Ribeiro en Común propón á Corporación que “o Concello de Ribadavia, a través da súa alcaldía, convoque unha comisión redactora formada por técnicos e grupos municipais para a redacción dunha ordenanza de ruídos”, e, tamén, “se leve ao pleno unha proposta de ordenanza de consenso para a súa aprobación”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, este grupo da oposición traslada á sesión plenaria de mañá outra moción, centrando a atención “na situación de desidia na que o goberno local se instalou respecto ás Termas de Prexigueiro”, demandando á alcaldía de Ribadavia “que reúna ao Padroado termal de Prexigueiro, que aínda non foi convocado desde que goberna o PP”.

Ribeiro en Común solicita que se comece a buscar por parte do Concello investimentos aos proxectos que levan atascados moito tempo coa escusa da división veciñal que existe na asociación que forma parte da Fundación xunto ao Concello. “Mentres, o alcalde continúa mirando para outro lado, como se esta disputa non fora con el. A alcaldía debe exercer a súa responsabilidade de presidencia do Padroado, mediar dentro da asociación de veciños e convocar a xuntanza do Padroado da Fundación Vila Termal de Prexigueiro”, conclúe Brais Fidalgo, o voceiro de Ribeiro en Común.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------