O presidente do Club Deportivo Arenteiro, Argimiro Marnotes, vén de convocar unha asamblea extraordinaria de socios, que terá lugar o próximo xoves 13 de novembro no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en primeira convocatoria, e ás 20,30 horas en segunda e definitiva.
A orde do día previta para esta xuntanza da masa social da entidade deportiva contempla un informe deportivo, social e económico actual do club; un avance das xestións iniciadas para a conversión nunha Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e a aprobación de necesidades inmediatas, con novas aportacións e consolidación das xa efectuadas.
Tamén se solicitará dos socios a pertinente autorización á presidencia ou á xunta directiva para realizar xestións e concretar unha operación prestataria no caso de ser preciso. Finalmente, informarase do estado de tramitación, por parte do Concello do Carballiño, dos proxectos de ampliación do estadio de Espiñedo e para o novo campo de fútbol na Uceira.
A asamblea rematará coa quenda de rogos e preguntas aberta para as socias e socios presentes, que únicamente terán acceso ao Auditorio presentando o seu carné da actual tempada 2025-2026. Asemade, só terán dereito a voto os maiores de idade.
Informe de avance sobre o proxecto do novo campo de fútbol na Uceira e/ou ampliación de Espiñedo.















