Espazo Común agarda que se cumpran os compromisos sobre a conciliación aprobados en pleno por urxencia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Espazo Común conseguiu o apoio dos grupos da oposición para que o Concello amplíe o horario do servizo de conciliación do Bo Día Familia e o poña a disposición de todos los centros educativos.

Unha vez aprobada, Espazo Común agarda que canto antes se cumpran os puntos propostos, entre eles a ampliación do horario de servizo de conciliación ata as 21:00 horas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén pedían que o concello garanta os mesmos servizos (comedor, transporte, etc..) para tódolos nenos usuarios, sexan do colexio que sexan e que as datas de inscrición para o curso seguinte se sincronicen coas de prematrícula dos colexios do pobo.

Na moción tamén se solicita que se estableza a gratuidade do servizo de conciliación para tódolos nenos cuxa unidade familiar completa estea empadroada no Carballiño.

O goberno local, a pesar de votar en contra, comprométese a consultar coas familias de cara ao vindeiro curso e implementar un incremento de horas sempre e cando haxa demanda, para a optimización dos recursos.