A Deputación adícalle o 8 de novembro ás mulleres músicas, dentro da súa campaña “8M, mes a mes”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Co gallo da celebración do Día da Música o vindeiro día 22, a Área de Igualdade da institución provincial adícalle novembro ás mulleres músicas, personificadas en María del Mar Blanco Moreno, profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense

Ourense, 7 de novembro de 2025.

A Área de Igualdade da Deputación de Ourense, dirixida pola deputada provincial Teresa Barge, continúa coa campaña “8M, mes a mes”, coa que se lles brinda unha  a todas as mulleres, para que o 8M non se quede só no mes de marzo, estando así presente durante todo o ano.

Con motivo da celebración do Día da Música o 22 de novembro, a muller seleccionada pola Área de Igualdade para personificar este recoñecemento é María del Mar Blanco Moreno, música e profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. O lema seleccionado para este mes foi: “Rompendo con teclas o teito de cristal”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

María del Mar Blanco Moreno, madrileña de nacemento e galega de adopción, é unha recoñecida pianista, clavecinista e investigadora musical cunha traxectoria marcada pola excelencia e o compromiso coa igualdade. Licenciada en Historia e Ciencias da Música e cun máster en investigación musical, desenvolveu a súa carreira docente en distintos puntos de España, desde Béjar (Salamanca) ata Vigo, onde foi catedrática de clave. Na actualidade, reside no Pereiro de Aguiar e exerce como profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, unha institución pública de referencia que loita por achegar a música clásica a toda a sociedade e por visibilizar o talento feminino no ámbito musical.

A súa experiencia vital e profesional está marcada por episodios que evidencian a persistente desigualdade de xénero no mundo da música. Dende a negativa dun sacerdote a deixala tocar un órgano no santuario de Béjar, ata comentarios condescendentes antes de actuar como solista nun auditorio, María del Mar denuncia con valentía o peso do patriarcado “nunha profesión onde as mulleres músicas, históricamente relegadas aos conventos, seguen loitando por ocupar espazos de visibilidade e recoñecemento”. A súa voz, firme e lúcida, “convida á reflexión sobre o camiño que aínda queda por percorrer para acadar unha igualdade real nos conservatorios, nas catedrais e nos escenarios”, explica Teresa Barge.

No seu día a día como profesora de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, María del Mar Blanco traballa con alumnado de diferentes idades e perfís, transmitindo non só coñecementos técnicos e artísticos, senón tamén valores de respecto, igualdade e superación. Para ela, este conservatorio público representa un espazo fundamental de acceso á cultura e á formación musical de calidade, onde se democratiza o ensino e se cultiva o talento sen importar a procedencia ou os recursos do estudante. “A súa labor docente é tamén unha forma de activismo silencioso, contribuíndo a construír un futuro máis xusto e diverso no panorama musical galego e estatal”, conclúe a deputada de Igualdade, Teresa Barge.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------