O Concello do Carballiño concederá seis premios á mellor decoración de Nadal en comercio e hostalaría

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño abre a convocatoria do concurso de escaparates de Nadal para comercio e hostalaría, unha proposta que impulsa a creatividade e orixinalidade dos negocios. “É un estímulo para o propio sector e tamén para a veciñanza e para a xente que se achegue á vila nestas semanas”, asegura Diego Fernández, concelleiro de Cultura, quen anima a comerciantes e hostaleiros a sumarse á campaña.

O concurso conta con dúas categorías, de comercio e de hostalaría, e cada unha inclúe tres premios de 200, 150 e 100 euros. O xurado, formado polo concelleiro de Cultura, un representante do comercio ou hostalaría e un representante dunha asociación cultural ou veciñal, será o encargado de avaliar as propostas.

No caso do comercio, valorarase só o escaparate, mentres que na hostalaría valorarase en conxunto o mellor interior e os elementos externos (entradas, portas ou ventás, entre outros). Para decidir aos gañadores, o xurado terá en conta non só a creatividade e orixinalidade das propostas expositivas, senón tamén o tipo de materiais empregados ou o uso de iluminación sostible.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para participar é preciso formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello do Carblaliño (carballino.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal. A convocatoria permanecerá aberta ata as 12,00 horas do día 12 de decembro de 2025.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------