O Auditorio Municipal Manuel María acollerá o vindeiro domingo 21 de decembro, ás 17,30 horas, o espectáculo “Un Mundo de Fantasía”, un musical interactivo para todos os públicos que chega ao Carballiño dentro da súa xira nacional.
Con 1,15 horas de duración e todas as cancións interpretadas en directo, esta proposta —extraída da Gran Vía madrileña— ofrece un percorrido polas melodías máis icónicas das películas de Disney dos últimos 40 anos. “Un mundo ideal”, Aladdin, El Rey León, La Bella y la Bestia, Frozen ou La Sirenita serán algunhas das cancións que soarán durante a función, coa axuda dun soporte audiovisual dinámico que reforza a experiencia musical e escénica.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O espectáculo destaca tamén pola súa coidada posta en escena, cun vestiario seleccionado por Víctor Páez, director executivo da obra, e polas interpretacións de Jairo Sánchez, Alba Navarro, Alba Bereijo e Álvaro Prieto.
As entradas xa están dispoñibles a través da plataforma Dentralia: https://www.dentralia.com/evento/j7rcqRv6m6idP04whY0p e na Librería Castro (Rúa Tomás María Mosquera, 10).
O Concello de O Carballiño convida a todas as familias a gozar deste musical pensado para nenos e adultos, unha ocasión para vivir en comunidade os grandes clásicos que marcaron xeracións.

















