PROGRAMACIÓN NADAL 2025- 2026
O Concello de Viana do Bolo presenta o programa de actividades e actos para celebrar este Nadal 2025- 2026.
Unha programación moi ampla e variada para persoas de todas as idades e gustos: música, maxia, deporte, cine, roteiros, contacontos, inchables, obradoiros infantís, festa, baile … e moitas sorpresas máis espérannos nas próximas semanas!!
Trátase dun Nadal moi participativo que conta coa colaboración das Escolas Deportivas Municipais, Escolas Musicais Municipais, Asociación de Veciños Cabo da Vila, Asociación Mulleres Rurais Bibei, ANPA CEIP Bibei, ANPA IES Carlos Casares, Asociación Cultural Candea, Asociación d Teatro Sofá malva de la sala rosa, Asociación Tornaxeira, Parroquia Santa María de Viana do Bolo, Vianariño ADI FS e C.D Viana.
Grazas a todas estas entidades e asociacións pola súa implicación para facer posible unha programación de Nadal coa que queremos armonizar tradición e orixinalidade para o goce de veciños/as e visitantes!!
Agardando que desfrutedes destas datas, dende o Concello desexámosvos unhas Felices Festas e Bo Nadal!!
Estade moi atentos/as á nosa web e Redes Sociais para mantervos informados/as sobre os horarios e ubicacións das actividades!!
















