Publicado no BOP
CONCELLO DE CENLLE
Bases do Concurso de decoración de Nadal do Concello de Cenlle
- Obxecto:
O obxecto das presentes bases é regular o réxime de concesión de premios para o IV Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Cenlle.
- Participantes
Poderán participar as seguintes persoas, segundo a categoría do premio ao que optan:
- Categoría individual: persoas físicas empadroadas no Concello de Cenlle maiores de idade.
- Categoría comercios: persoas físicas ou xurídicas titulares dun establecemento comercial no Concello de Cenlle.
- Categoría persoa xurídica sen ánimo de lucro: asociacións, comunidade de montes veciñais en man común con domicilio social no Concello de Cenlle, e CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle.
Cada persoa solicitante só poderá presentar 1 decoración de Nadal.
- Requisitos, temática e criterios de valoración
A decoración ten que ser visible desde o espazo público. No caso de categoría de persoas xurídicas sen ánimo de lucro, poderase ocupar o espazo público, previa solicitude e autorización do Concello de Cenlle.
Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo, sempre que a temática xire en torno ao ambi-ente de Nadal.
- Prazo e forma de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comeza a partir do dia seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e remata o día 19/12/2025.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cenlle en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, no rexistro electrónico da Sede electrónica do Concello de Cenlle https:// cenlle.sedelectronica.gal ou na Biblioteca pública de Cenlle, en horario de 9.30 a 12.30 horas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se incorpora como Anexo I destas bas-es e que estará dispoñible na sede electrónica municipal.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación: DNI da persoa solicitante
CIF da entidade xurídica solicitante, xunto co DNI da persoa representante. Indicación da situación exacta da decoración de Nadal que presenta.
Certificado bancario do número de conta da persoa solicitante.
- Xurado:
O xurado estará formado por unha Comisión de Valoración integrada por 3 membros nomeados pola Alcaldía.
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
- Valoración:
O xurado visitará as vivendas, negocios e espazos públicos dos participantes o día 29 de de-cembro de 2025, previa comunicación do día e hora aproximada aos participantes, polo que a dec-oración debe de estar colocada nesas datas.
Seguiranse en todo momento as recomendacións sanitarias polo que, de non ser posible que o xurado valore de xeito presencial as decoracións, solicitaráselle aos inscritos que acheguen fo-tografías dos mesmos ao enderezo concello.cenlle@gmail.com ou ben por whatsApp ao 680 742 681, indicando as fotos e co nome e teléfono da persoa de contacto.
Para a valoración dos elementos decorativos de Nadal, o xurado terá en conta os seguintes cri-terios:
- Deseño
- Orixinalidade
- Utilización de recursos reciclados ou da natureza
- Iluminación.
Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 5 puntos. A suma de todos os puntos recibidos polos membros do xurado, dará lugar aos gañadores do concurso.
A decisión do xurado será o 2 de xaneiro de 2026, sendo esta inapelable. Os participantes com-prométense a aceptar a decisión do xurado.
Os gañadores comunicaranse a través da web do Concello e por vía telefónica.
- Premios
O importe dos premios será o seguinte:
- Categoría individual e comercio:
1º premio. 125 euros 2º premio. 75 euros
- Categoría persoa xurídica sen ánimo de lucro:
1º premio. 150 euros 2º premio. 100 euros
Para poder competir en calquera das categorías, deberá de haber un mínimo de 3 participantes por categoría.
Os premios estarán suxeitos ás retencións que determine a lexislación tributaria vixente e faranse efectivos mediante transferencia bancaria ás persoas premiadas, previa presentación dunha declaración responsable, debidamente cuberta e asinada pola persoa solicitante na que se
faga constar que non está incursa en prohibición para ser beneficiaria de subvencións e que está ao corrente no pagamento das obrigas tributarias e de Seguridade Social.
- Compromisos das persoas participantes
As persoas participantes comprometeranse a expoñer a decoración de Nadal que presenten coa solicitude de participación no concurso ata o día 06/01/2026.
Todas as persoas participante comprometeranse a aceptar a decisión do xurado.
A participación no concurso comporta a cesión a favor da organización, por parte das persoas concursantes, dos dereitos de reprodución e exposición sobre as obras presentadas, sempre e can-do se empreguen para a promoción do Concello de Cenlle e sempre sen ánimo de lucro.
A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.
Cenlle, 24 de novembro de 2025. A alcaldesa.

















