Teatro, maxia e humor: a proposta do ‘Nadal Cultural’ para esta fin de semana no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Cultura do Carballiño propón un menú de teatro, maxia e humor para desfrutar da fin de semana sen saír da vila. O Nadal Cultural, que arrancou nos primeiros días de decembro, traerá ao Carballiño máis dunha trintena de actividades para maiores e pequenos. Nesta fin de semana, a oferta inclúe a obra teatral “Viaje al profundo norte”, de Teatro del Norte, e o espectáculo “Retranca … e maxia” do mago Luis Boyano. “Animamos á veciñanza da comarca a desfrutar da proposta cultural e a aproveitar para pasear polo Carballiño, desfrutar da nosa hostalaría e facer aquí as súas compras”, convida Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

O sábado será a quenda de Teatro del Norte, que presentarán ás 20,00 horas no Auditorio Municipal a peza “Viaje al profundo norte”. Trátase dunha obra creada en 1987 e que neste 2025, cando a compañía cumpre 40 anos, volve aos escenarios cunha renovada proposta. Os personaxes reflexionan sobre o paso do tempo, o pasado que non volverá e os sentimentos que aparecen na vellez, como a soidade ou o medo. A entrada ten un custe de 8 euros e poderase adquirir na taquilla do Auditorio.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O coñecido mago Luis Boyano, pola súa parte, actuará no Auditorio Municipal o domingo, ás 19,00 horas, co seu espectáculo “Retranca … e maxia”, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. O artista, moi querido no Carballiño, presenta un show para público de todas as idades onde se misturan a maxia, a sorpresa e o humor para deixar ao público sen fala. As entradas pódense adquirir na taquilla do Auditorio por 5 euros.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------