Publicado no BOP:
ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para prover dúas prazas de auxiliar administrativo/a da Administración xeral e unha praza de auxiliar administrativo/a de biblioteca.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 221, do 18 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases xerais que rexerán os procesos derivados da oferta de emprego público do ano 2024 do Concello do Carballiño.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 220, do 17 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases específicas que rexerán o proceso de provisión en propiedade de dúas (2) prazas de auxiliar administrativo da Administración xeral e unha
(1) praza de auxiliar administrativo de biblioteca da Administración xeral, do Concello de Carballiño, incluídas na oferta de emprego público do ano 2024, como persoal funcionario, mediante o sistema de oposición en quenda libre.
De conformidade co previsto nas referidas bases xerais, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do Concello do Carballiño:
https://carballino.sedelectronica.gal/info.0

















