Hoxe sábado , a partires das 17:00h a Apalpadora ven a OZOCOgz!!!!!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

sábado 3 de xaneiro, a partires das 17:00h. dobre sorpresa!!!!!

  • Dende os montes do Courel chega A APALPADORA, a filla do famoso APALPADOR, e ven para mirar se as nenas e nenos foron boas e bos e comeron ben, ademais de vir contarnos a súa propia historia.
  • Tamén van estar connosco / convosco as pandeireteiras OZOCORETEIRAS (as pandeireteiras que están aprendendo durante o ano, no noso espazo, co mísoco Isidro Vidal). Farán o seu primeiro concertiño para desexarvos un marabilloso ano.

Ademais haberá chocolate, pastel e outras larpeiradas para quen vos acheguedes.

  • Trae ás túas crianzas e ven con ganas de pasalo ben.
  • Trae a túa pandeireta e únete ás OZOCORETEIRAS, a ver se convertemos a visita da APALPADORA nunha auténtica foliada. É tempo de cantar os Reis, é tempo de panxoliñas e bos desexos.

Agardámoste!!!!

Xa sabes, OZOCOgz deixa Pegada!!!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------