Esta exposición, cuxa primeira itinerancia se produce no Barco de Valdeorrras, enmárcase en «Corrente cultural», un proxecto posible grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e diferentes concellos galegos
13.01.2026. ABANCA, Afundación e o Concello do Barco de Valdeorras inauguraron o hoxe a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote», nun acto na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras e que contou coa presenza de Aurentino Alonso Araújo, alcalde do concello do Barco de Valdeorras; Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura de O Barco de Valdeorras; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, esta mostra percorre a historia da arte a través da mirada do aplaudido debuxante.
«Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»
Desde que con tan só 13 anos publicara o seu primeiro debuxo en Gente Menuda, a súa traxectoria e éxito foron imparables. En 1946 empezou a colaborar como debuxante en La Codorniz, onde permaneceu ata 1953. Posteriormente incorporouse ao diario ABC, no que estivo debuxando durante máis de cincuenta anos ata o momento da súa morte. Tamén colaborou con numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Compaxinou o seu labor de debuxante co de xornalista e novelista e chegou a publicar máis de corenta obras, ademais de participar en pezas de teatro, cine e televisión. A súa extensa traxectoria foi recoñecida con innumerables premios e distincións, entre os que destaca, por exemplo, o mérito de ser o primeiro debuxante en formar parte da Real Academia Española (RAE). Recibiu a Cruz de Caballero de la Orden de Isabel la Católica, o Premio Nacional de Periodismo en 1980, a Medalla de Oro del Ayuntamiento de Madrid en 1995, a Medalla de Oro ao Mérito no Traballo en 1996, os doutoramentos honoris causa polas universidades de Alcalá de Henares e Rey Juan Carlos e, incluso, os recoñecementos como Alcalde Honorario do Parque de El Retiro en 1982 e como Cartero Honorario de España en 1998, entre outros moitos. Poderase visitar desde 16 de xaneiro ata o 22 de febreiro na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras. O horario será os venres de 18.00 a 20.30 h, os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 h a 20.30 h, e polas mañás, os grupos e colectivos, con previa reserva.
Esta exposición é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

















