A programación do Entroido no Carballiño estará adicada mañá, sábado 14, á cativada. “Este ano, como principal novidade, teremos un obradoiro de máscaras e complementos de Entroido para que os nenos e nenas poidan facer o seu propio disfrace”, detallou o edil de Cultura, Diego Fernández. Esta actividade terá lugar na Praza Maior de 16,00 a 18,00 horas, onde xa está instalada unha carpa.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os pequenos tamén poderán desfilar no concurso de disfraces, animado por DJ Tibu. Os máis maiores terán a oportunidade de bailar a partir das 20,00 horas co espectáculo itinerante “Carballiño te suena 3”, impulsado pola asociación @s de sempre. “Cada ano cambian de vestiario e de música”, detallou Fernández. Máis tarde será a Charanga Sorcha a que anime as principais rúas da vila.
A programación continúa o domingo, coa tradicional xornada de coplas a cargo de Os Liborianos, que actuarán a partir das 19,00 horas na Praza Maior e polas rúas do Carballiño.
















