Este venres (dia 20) as 7 da tarde na tenda OZOCOgz: Alba De Evan e Xabier Domínguez presentan a «Guía ilustrada do Entroido Galego»

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este VENRES 20 de FEBREIRO veñen a OZOCOgz Alba De Evan e Xabier Domínguez, para presentar un libro ben fermoso, feito dende o amor e o coñecemento por esta festa universal e, ao tempo, tan nosa, tan galega.

O libro chámase «Guía ilustrada do Entroido Galego», é un libro non só para crianzas, é un libro para amantes desta festa, un libro que nos leva dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galiza, con ilustracións marabillosas de Iria Prol e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tralas máscaras.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Haberá tamén fermosas sorpresas como un obradoiro de pequenos brinquedos musicais para a cativada que nos acompañe. Ademais, todas aquelas e aqueles que merquen o libro durante a presentación levarán un super agasallo en forma de póster con todas as personaxes do libro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------