A ‘Feira do Stock’ ofrece esta fin de semana descontos especiais, un sorteo e moitas oportunidades de compra

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño organiza para esta vindeira fin de semana a ‘Feira do Stock’ de inverno, onde unha serie de establecementos ofrecerán unha gran variedade de produtos seleccionados con importantes descontos e moitas oportunidades para renovar o armario ou atopar ese detalle especial.

A feira comercial ubicarase nas carpas instaladas na Praza Maior da vila, e abrirá as súas portas mañá, venres día 6 de marzo, ás 17,00 horas, e prolongarase ata o vindeiro domingo. Os horarios de apertura serán, este venres, de 17,00 a 21, 00 horas; o sábado, día 7, de 11,00 a 14,00 e de 16,30 a 21,00 hora, e, o domingo, día 8, de 12,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,00 horas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

E un dos alicientes para acudir a mercar na ‘Feira do Stock’ é o sorteo de dous vales de compra por un importe de 50 euros cada un, e para que os clientes recibirán un boleto de participación no momento de efectuar a súa compra. O sorteo levarase a cabo de xeito presencial o mesmo domingo, ás 18,00 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------