O BNG urxe solucións ao parón das obras na Avda de Portugal e esíxelle ao Goberno local que deixe de “mentir”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Grupo municipal nacionalista sinala que, tal e como xa anunciaran, o Pleno extraordinario do pasado 31 de xaneiro foi un “paripé” cargado de “mentiras que o único que pretendía era socializar unha nefasta xestión”. O BNG considera urxente rematar unhas obras “que están a causar un enorme prexuízo á veciñanza e aos comerciantes da rúa”

Ourense, 09 de marzo de 2026. Nun feito pouco habitual, a empresa adxudicataria das obras para a reforma integral da Avda de Portugal, unha das principais arterias da cidade, anuncia públicamente que suspende os traballos de execución debido á “imposibilidade de manter a viabilidade financeira do proxecto ante o incumprimento dos compromisos de pago por parte da Administración local”.

Alén de cuestións técnicas, a empresa sinala que a día de hoxe, o Concello de Ourense adebeda as facturas correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2025 e ao mes de xaneiro de 2026, argumentando que a suma destes impagos fai inviable o mentemento dos suministros, a maquinaria e o persoal.

Para o Grupo municipal do BNG esta situación “é, por desgraza, a agardada”. Segundo sinala o Portavoz nacionalista no Concello Luís Seara, “levamos moitos meses advertindo da situación e de que as obras poderían entrar en situación de parálise debido aos continuos incumprimentos por parte do Goberno local e agora vemos como todas as nosas advertencias eran certas e xa non é que o diga o BNG senón que o fai a propia empresa encargada da obra”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Seara incide no feito de que “ao longo dos últimos días, recibimos información de que a empresa non ía continuar e de feito, temos constancia de que unha das subcontratas xa retirou a semana pasada parte do material e da maquinaria que alí se estaba a empregar” e engade “temos preguntado en múltiples ocasións tanto en Pleno como nas Xuntas de Área sobre o estado das obras e o cumprimento dos prazos e sempre se dixo por parte do Concelleiro delegado Francisco Lorenzo que as obras ían segundo o previsto, cando sabía que non era certo, polo que leva meses mentindo descaradamente”.

Pleno extraordinario do 31 de xaneiro.

O BNG lembra o acontecido no Pleno extraordinario e urxente convocado o pasado sábado 31 de xaneiro, do cal se ausentaron e no que o Goberno local pretendeu e conseguiu, grazas aos votos do PP e do PSdeG-PSOE, levantar os reparos de Intervención a unha serie de certificacións das obras coa escusa de xustificar a non perda dos fondos Next Generation. Para o BNG “ditos fondos están perdidos e é algo que se verificará dentro dun tempo”. 

Para Luís Seara, “ese Pleno foi un paripé xa que o que se pretendía non era salvar os fondos europeos, senón pagar as nóminas ás e aos traballadores que ameazaban ao Concello con parar a obra, agora o que ten que explicar o Concelleiro é por qué non se saldaron a día de hoxe, ditas débedas”. Desde o BNG advirten que esta non é a única débeda que ten o Concello polo que a esta paralización poden sucedela en vindeiras datas “outras que están en execución”.

Precedentes. Rabo de Galo.

O Grupo municipal nacionalista fai referencia igualmente ao acontecido hai algúns anos, xa con Jácome na Alcaldía, coas obras levadas a cabo en Rabo do Galo e Salto do Can, “obras que estiveron moito tempo paradas polo mesmo motivo, o incumprimento sistemático do Concello nos pagamentos até o punto de que a empresa adxudicataria, curiosamente a mesma que reclama agora, OPAIN SL, tivo que acudir ao Xulgado”.

E é que tal e como se recolle na acta da Xunta de Goberno local do 23 de xaneiro de 2025, a empresa reclamou vía xudicial algo máis de 330.000 euros que acabou pagando o programa de pagamento a proveedores do Estado. Actualmente, segundo sinalan fontes nacionalistas, existe aínda unha débeda pendente por actualización de prezos”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------