A Deputación de Ourense leva ao Museo Galego do Entroido unha exposición sobre as cornamusas primitivas e a súa pegada na historia da civilización

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A mostra, procedente do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas, está aberta especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, e reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta

Xinzo de Limia, 10 de abril de 2026.

A Deputación de Ourense inaugurou no Museo Galego do Entroido, en Xinzo da Limia, a exposición “Cornamusas primitivas: historia da civilización”, unha mostra organizada coa finalidade de dar a coñecer os fondos do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas da institución provincial.

Ao acto de apertura asistiron o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, quenes destacaron “o valor cultural e didáctico” desta exposición.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A mostra reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta. Cada instrumento incorpora un código QR que permite acceder a interpretacións orixinais de instrumentistas de cada cultura, así como á historia e características de cada unha das pezas.

A exposición complétase cunha mostra fotográfica sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica a partir do século XIII, ofrecendo unha visión histórica e cultural da evolución deste instrumento tradicional ao longo dos séculos.

O Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense alberga unha das coleccións máis significativas do mundo, tanto pola variedade instrumental como polos seus elementos pictóricos, pregos de cordel e arquivo histórico audiovisual. Ademais, neste museo consérvanse e móstranse gaitas desaparecidas nos seus países de orixe que foron reconstruídas seguindo documentación histórica.

A exposición ten carácter didáctico e está especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, reforzando así a difusión do patrimonio musical e cultural. Estará a disposición do público ata o 30 de xuño 2026, podendo ser prorrogable.

Como nota destacada, desde a posta en marcha da alta velocidade ferroviaria en Ourense, o Museo Internacional de Cornamusas situado no Campus Universitario está a rexistrar un incremento significativo de visitantes, consolidándose como un referente cultural e turístico da provincia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------