O PSOE de Ourense rende homenaxe “ás persoas que loitaron pola liberdade” no 95º aniversario da II República

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As e os socialistas de Ourense, representados polo súa executica local e provincial renderon hoxe homenaxe a todas “aquelas persoas que loitaron pola liberdade, moitas delas pagando un prezo moi alto”, no 95 aniversario da II República.

No acto, que tivo lugar no Cemiterio de San Francisco e no que se realizou unha ofrenda floral aos represaliados, interviron a secretaria xeral de Ourense, Natalia González Beneitez; o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de formación das Xuventudes Socialistas, Daniel Barredo e o secretario provincial de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante o acto, Natalia González expresou que “a súa memoria obríganos a non esquecer, a defender a democracia cada día e a seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta”. E por iso tamén, “as socialistas, levamos tempo facendo propostas claras e necesarias en materia de memoria democrática. Propostas que pasan por dignificar os espazos da memoria, como que o Campo de Aragón, sexa declarado por fin, lugar de memoria e que sexa nomes do como Praza da Segunda República; propostas para retirar simboloxía franquista que aínda persiste, para recoñecer ás vítimas e ás súas familias, e para impulsar iniciativas educativas que garantan que as novas xeracións coñezan a nosa historia”, apuntaron.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------