O éxito das instalacións xeotérmicas centraron o ‘XIX Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables’ celebrado hoxe en Expourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Expourense acolleu esta mañá o XIX Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables que estivo centrado un ano máis na presentación de casos de éxito en Xeotermia. A situación xeopolítica internacional dos últimos anos (Guerra de Rusia e Ucraína e o recente conflito con Irán) pon de relevo a importancia e necesidade de utilizar fontes de enerxía renovable autóctonas para evitar a dependencia de combustibles fósiis importados do estranxeiro. Os relatores desta xornada fixeron referencia a esta circunstancia presentando casos de éxito de comunidades enerxéticas autosostenibles en Dinamarca (que poderían ser replicables noutras cidades europeas) ou a construción de grandes infraestruturas utilizando a xeotermia como fonte principal para obter tanto calefacción como refrixeración.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esta xornada estivo dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores e contou coa presenza de 120 asistentes procedentes de distintos puntos de Galicia e de Portugal. Os nove relatores do programa foron salientables arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes mundiais en arquitectura sostible en países como España, Portugal, Dinamarca, Suíza e Italia. Destacou a participación da Directora Xeral de Enerxía de Portugal, Carla Lourenço, unha das principais impulsoras do extraordinario desenvolvemento da xeotermia en Portugal nos últimos anos e que aplican en edificios institucionais, residenciais e en grandes empresas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada comezou coa presentación coa presentación das Liñas de Axuda do INEGA en eficiencia enerxética e enerxías renovables a cargo do Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas e Director do Instituto Enerxético de Galicia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila. Como é habitual, a xeotermia foi un dos grandes fíos condutores desta xornada na que se presentaron experiencias de éxito internacionais. O presidente do Consello de Administración de Thermonet Europa, o danés Søren Skjold Andersen, deu as claves e presentou exemplos de onde se aplicou xa sobre a creación de redes de calefacción e refrixeración autosostenibles para barrios ou comunidades denominadas ‘thermonets’ e que permiten un consumo autónomo e independente das grandes empresas enerxéticas.

A xeotermia, neste caso explicada no papel que xoga na transformación urbana, é tamén a protagonista do relatorio do Xefe de Estudos de Instalacións Ármiemzaea I – FCC Construción S.A. (España), César Platero, que presentou varios casos de instalacións de enerxía xeotérmica no sector do gran terciario poñendo como exemplo o soterramento da autovía A-5 (Madrid), a Nave de Madrid en Villaverde e o caso do Mercado de Froitas de Legazpi, reconvertido nunha infraestrutura que albergará edificios administrativos do Concello de Madrid no que traballarán a diario máis de 2.500 persoas e que conta con xeotermia como principal fonte de enerxía para xerar calefacción e refrixeración.

Tamén se impartiu un relatorio sobre o uso das enerxías renovables en sectores concretos como a arquitectura, as adegas de viño e a industria. Correu a cargo dos italianos da empresa Geonovis DRL. de Piamonte, Giulia Caldera e Simone Pronsati. Doutra banda, o suízo Mirko Possamai, director comercial de Geothermal Systems de HakaGerodur AG/AG, falou dos límites e posibilidades Límites e posibilidades de aplicación dos distintos tipos de plástico en instalacións xeotérmicas.

A xornada concluíu cunha curiosa asociación: enerxía e bitcoins. Jaime Cabelo, de “Aforrar para investir” dió as claves da “minería do bitcoin” e como optimizar a enerxía na produción de bitcoins (meses de computadores funcionando para xerar o código) para que as ganancias sexan maiores para o produtor.

O XIX Simposio sobre Enerxías Renovables estivo organizado un ano máis por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Investigación Xeotérmica e contou co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e da Deputación Provincial de Ourense. A seguinte cita do calendario feiral de Expourense será xa mañá coa celebración do VIII Car Outlet Ourense que se celebra esta fin de semana no recinto convocando a 20 concesionarios oficiais que representan a 28 marcas de automóbiles.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------