Os cativos de Piñor poderán desfrutar de obradoiros e xogos do 22 de xuño ao 4 de setembro no “DIVERVERÁN”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Piñor pon en marcha o programa de actividades infantís do verán “DIVERVERÁN 2026”. Como cada ano, dende a institución municipal pretenden contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de ofrecer alternativas lúdico‐educativas ós cativos, pois o verán é un momento ideal para desfrutar e á vez aprender.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas actividades están integradas dentro do proxecto de Plans Corresponsables denominado ‘Piñor Concilia’, que persegue ofrecer servizos de conciliación ás familias durante os períodos de vacacións escolares, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

Así, o ‘Piñor Concilia DIVERVERÁN’ consiste en actividades dende o 22 de xuño ó 4 de setembro, organizadas en quendas semanais, de luns a venres de 9,00h a 14,00 horas, onde os cativos de entre 3 a 12 anos poderán desfrutar de talleres e xogos moi variados. O lugar onde se desenvolverá esta iniciativa será o Centro Cultural de Arenteiro. Como novidade, este ano as familias que o precisen poden solicitar horario de entrada ás 8,30 e de recollida ás 14,30 horas, mellorando con elo a conciliación familiar no rural.

Co  obxectivo de facilitar unha organización axeitada das devanditas actividades, o Concello a abríu o prazo de inscrición, que rematará o vindeiro 29 de maio. No departamento de Servizos Sociais ofrecerán ás familias interesadas máis información e a documentación para formalizar a inscrición no programa. Tamén poderá descargar a solicitude e resto de documentos dende a Sede Electrónica do Concello de Piñor, e presentala por este mesmo medio, onde tamén pode consultar as bases de adxudicación das prazas de admisión nesta actividade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------