A Área de Cultura do Concello do Carballiño impulsará a partir do vindeiro mes de xuño a colocación de murais artísticos no casco urbano da vila, en especial no Barrio de Flores, refrexando “a cultura, a integración e a igualdade, que son aspectos esenciais da traxectoria vital do Carballiño”, apuntou Diego Fernández, responsable deste departamento municipal.
O edil de Cultura, acompañado por Paulo Vázquez, da empresa Sustinea, presentou esta iniciativa, “que comezará este mesmo mes de xuño coa instalación de dos murais na avenida Conde de Vallellano e outro no Barrio de Flores, cunha compoñente crítica e tamén didáctica, a fin de darlle unha imaxe diferente a vila este verán”. Os murais debuxaranse en muros e fincas privadas, contando previamente coa autorización dos seus propietarios e, no caso concreto de Flores, “iste será o punto de partida para converter ao barrio nun museo a ceo aberto”, tal e como expresaron Fernández e Vázquez.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O representante de Sustinea avanzou que serán estudantes do IES Chamoso Lamas e integrantes de Aspadisi quenes se encargarán de facer os murais, despois dun proceso “no que en xuntanzas co estudantado xurdiron diferentes propostas, que agora serán plasmadas a través dos murais”, que serán colocados en muros e ventás xa tapiadas.
A intervención artística contará coa colaboración de Comercial Orcellón, unha firma senlleira do Carballiño, especializada no sector da pintura e con tenda tamén na localidade de Lalín, na provincia de Pontevedra.
















