O investigador do IDIS Mario Pérez-Sayáns súmase á campaña global “Working Together to Stop Tobacco and Nicotin”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O investigador principal do grupo ORALRES participa na sesión inaugural que terá lugar este xoves cunha conferencia sobre o impacto bucal do vapeo

A iniciativa, promovida pola Fundación Sepa e a Rede Europea para a Prevención do Tabaquismo (ENSP), pon o foco nos efectos do tabaco e das novas formas de consumo de nicotina na saúde bucal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026.– O Dr. Mario Pérez-Sayáns, investigador principal do grupo Patoloxía Médico-Cirúrxica Oral e Maxilofacial (ORALRES) do IDIS participará na sesión inaugural da campaña “Working Together to Stop Tobacco and Nicotin” (‘Traballando xuntos para deter o tabaco e a nicotina’). Este primeiro acto consiste nun evento online gratuíto de alcance internacional que reunirá a máis de 60 relatores e representantes de máis de 30 organizacións científicas, baixo o liderado da Fundación Sepa e a Rede Europea para a Prevención do Tabaquismo (ENSP).

Entre os expertos, institucións e sociedades científicas de todo o mundo que participan está o investigador do IDIS Mario Pérez-Sayáns, quen impartirá a charla Beyond Cigarettes: Decoding the Oral Impact of Vaping, na que abordará o impacto bucal do vapeo. Farao na sesión IADR-CED, Continental European Division of the International Association for Dental, Oral, and Craniofacial Research. O Dr. Pérez-Sayáns é o investigador principal en España do proxecto competitivo internacional entre IDIS-USC e a Universidade Estatal de São Paulo (coa financiacion da Fundación para o Apoio á Investigación do Estado de São Paulo), para estudar as alteracións metabólicas asociadas ao consumo de novos estes novos produtos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Este é, precisamente, o obxectivo da campaña: promover un esforzo global para previr o consumo de tabaco e apoiar o abandono do hábito e das novas formas de consumo de nicotina baixo o prisma da saúde bucodental. “O obxectivo é educar, tanto a pacientes como a profesionais da saúde, sobre a conexión entre a saúde bucal e a saúde sistémica”, explica o Dr. Levi, filántropo cuxa doazón deu lugar a esta iniciativa. “As enfermidades periodontais non son simplemente infeccións localizadas das encías: as bacterias e toxinas asociadas á enfermidade periodontal, xunto coa resposta inflamatoria do organismo, poden influír na saúde sistémica; así mesmo, as afeccións sistémicas poden afectar significativamente a aparición,  progresión e tratamento da enfermidade periodontal”.

Para a a Dra. Paula Matesanz, presidenta de SEPA, “a estreita relación entre o consumo de tabaco e a saúde bucal non só subliña a necesidade de estratexias de tratamento eficaces, senón que tamén abre importantes oportunidades para a prevención. As clínicas dentais poden converterse nunha motor clave para axudar ás persoas a deixar de consumir tabaco e produtos con nicotina, e para previr o desenvolvemento da adicción ao tabaco”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------