Ribeiro en Común solicita do goberno municipal que se encargue da limpeza das ribeiras do Avia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo de Ribeiro en Común vén de demandar do equipo de goberno do Concello de Ribadavia un maior coidado das ribeiras do río Avia, “que nestes anos sufriu un abandono de árbores caídas, leña acumulada desde hai anos, invasión de coches do paseo peonil, e aumento de lixo”. Así, reclaman que as brigadas municipais se encarguen da limpeza das zonas onde se acumula lixo, vixiancia e multa aos que deixan lixo nas áreas de baño, e, neste sentido, piden a posta en marcha dunha campaña de concienciación á xente que usa os espazos de lecer e baño no río Avia, tamén con multas aos que non respectan algo tan básico.

Por outra banda, solicitan que o Concello realice podas pequenas de reforzamento das árbores e da súa hixienización, na área urbana da vila, especialmente  arredor da ponte de San Francisco, se ben subliñan a importancia de que “deben ser podas pequenas que respecten ás arbores, que deben gozar de especial protección, para o cal pedimos un plan que aborde esta intervención”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dende Ribeiro en Común lembran que, “diante destas demandas veciñais, o PP leva toda a lexislatura afirmando que esta non é unha competencia municipal, aludindo a que a mala situación das ribeiras na zona urbana é competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Isto é mentira”. Ao respecto, apuntan que “as confederaciones hidrográficas non  son responsables do mantenemento dos ríos nos tramos urbanos, competencia que corresponde aos concellos, que teñen que presentar unha petición de autorización ou unha declaración responsable á Confederación Hidrográfica para facer estes traballos nos seus termos municipais”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------