A produtora da curtametraxe “Fado de Cupido” busca extras para unha gravación o vindeiro 11 de xullo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O director carballiñés Daniel Filloy está a preparar a rodaxe de “Fado de Cupido”, unha produción de duración curta e para a que precisa a participación de ‘extras’ nunha breve secuencia de entre unha e dúas horas de gravación, que terá lugar no Gran Balneario do Carballiño o vindeiro 11 de xullo, sábado.

A convocatoria está aberta para mozas e mozos de entre 18 e 25 anos de idade, que representarán ao alumnado dun internado e que se poden inscribir en https://forms.gle/9LCJMBChs6AfnyQM6 ou escribindo ao número 681601412, tendo en conta que a participación na gravación non está remunerada.

“Polas noites, os alumnos dun internado opresivo foxen ao bosque para descubrir libremente o amor baixo o influxo de Cupido” é o resume do argumento desta curtametraxe, enmarcado no xénero drama fantástico/Romance/Queer que se rodará na nosa vila.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------