O estadio municipal da Uceira acolle ata o venres o ‘Campus Experience’ da Fundación Real Madrid

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O campo de fútbol da Uceira do Carballiño acolle ata o venres o Campus Experience da Fundación Real Madrid. A iniciativa educativa e deportiva, dirixida a nenos e nenas de 7 a 14 anos, lévase a cabo por primeira vez en Galicia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un cento de rapaces e rapazas participan no programa, que se leva a cabo desde hai máis dunha década e combina a ensinanza dos fundamentos técnicos e tácticos do fútbol coa formación en valores como o respeto, o esforzo, a iniciativa, a autodisciplina ou o traballo en equipo.

Ademais da actividade deportiva, o campus incorpora contidos relacionados co desenvolvemento de habilidades sociais, convivencia, hábitos saudables e a educación nutricional, ofrecendo unha experiencia formativa integral para os participantes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------