O choque entre dous camións obriga a un corte na circulación na autovía A-52 á altura de Ribadavia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A autovía A-52 (Madrid-Vigo) permanece cortada ao tráfico dende as 15,50 horas de hoxe debido a colisión entre dous vehículos de gran tonelaxe, que ocurría media hora antes no punto quilométrico 252 e no termo municipal de Ribadavia.

O sinistro tivo lugar ao fío das 15,20 horas, cando un camión chocaba por alcance cun convoy de transporte especial, o que inicialmente motivou un corte da circulación só para camións, se ben esta restricción se ampliaba posteriormente a todo tipo de automóbiles, ás 15,50 horas, de xeito que o tráfico rodado foi desviado polos accesos á estrada N-120 (Madrid-Vigo) na contorna da capital do Ribeiro.

Dende o Subsector de Tráfico da Garda Civil comunican que non se rexistraron feridos no accidente e que as tarefas de limpeza do firme da autovía motivan que o peche ao tráfico se prolongue unhas tres horas máis, ata as 20,00 horas, cando estaría prevista a liberación dese tramo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------