Eladio Fernández propón á Corporación de Punxín a construción dun centro multiusos para actividades deportivas, culturais e lúdicas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O concelleiro de Compromiso por Galicia e tenente de alcalde do Concello de Punxín, Eladio Fernández, vén de presentar unha moción para o seu debate por parte da Corporación Municipal na que propón a construción dun recinto multiusos, que esté deseñado para o desenvolvemento de actividades “lúdicas, culturais e deportivas”, que contribúan “ao fortalecemento e participación da sociedade civil do municipio”.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A apertura deste centro de servizos permitiría, según Eladio Fernández, “a práctica do fútbol ou baloncesto, entre outros deportes, así como a celebración de distintos eventos sociais, como pode ser a festividade do noso patrono, San Wintila, ou outros eventos populares, coa finalidade de sacar o máximo proveito á inversión pública que se faga”.

En consecuencia, solicita da Corporación un estudio dos terreos axeitados e a súa posta á disposición das administracións públicas que financien o proxecto, ademais dun plan de investimentos vencellado a aquélas e unha memoria económica. Finalmente, o concelleiro Eladio Fernández propón que esta área multiusos leve o nome de Luis de La Fuente Castillo, o actual entrenador da Selección Española de fútbol e recente campiona do Mundo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------