Éxito de participación no maratón de fútbol sala do ‘Verán Deportivo’ do Carballiño con máis de 250 xogadores

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O maratón de fútbol sala do Verán Deportivo do Carballiño, organizado pola Concellería de Deportes, finaliza esta tarde despois de cinco días de gran éxito de participación, con máis de 250 xogadores de 40 equipos distintos. A actividade levouse a cabo na Praza do Emigrante, onde cada día se congregan decenas de persoas para desfrutar dos partidos.

A programación do Verán Deportivo continúa a próxima semana coa maratón de balonmán, que se desenvolverá os días 27, 28 e 29 na Praza do Emigrante.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------