O Carballiño rende homenaxe aos seus emigrantes o 1 de agosto con dous concertos na Praza Maior

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño organiza este sábado, 1 de agosto, o ‘Día da Emigración’, unha xornada musical moi especial enmarcada na programación cultural da 64ª Festa do Pulpo. O evento, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración e do Xacobeo 2027, ten como principal obxectivo homenaxear a todas as persoas que marcharon do Carballiño o século pasado na busca dunha vida mellor e que na diáspora mantiveron vivo o amor pola súa terra. “Cada verán recibimos a multitude de familias que retornan desde diferentes lugares do mundo para desfrutar das súas raíces, a todas elas está adicada esta xornada”, apunta Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

A celebración inclúe o concerto de Carlos Bau & 80 Razones Band, que farán desfrutar ao público co seu tributo ás bandas Hombres G e El Canto del Loco. A cita comezará ás 20,00 horas, na Praza Maior. Na actuación realizarase un percorrido polos éxitos máis recoñecidos de ambos grupos, que os asistentes poderán cantar e bailar.

Ás 23,00 horas, tamén na Praza Maior, comezará o segundo concerto, neste caso, da banda Lo Mejor del Último, que fará un tributo ao artista Manolo García, interpretando o mellor do seu repertorio co grupo El Último de la Fila, así como os seus éxitos máis actuais na súa carreira en solitario. “Agardamos que o público desfrute moito dos concertos, xa que son bandas de moita calidade”, resalta Dacal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------