Julio Calvo e José Moleiro ofrecen as súas creacións pictóricas no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Cultura do Concello do Carballiño convida a toda a veciñanza e persoas que nos visitan nestas datas de verán á acudir ao Auditorio Manuel María da vila para coñecer a exposición das obras pictóricas de Julio Calvo e José Moleiro, veciños do Carballiño cunha longa traxectoria artística. A mostra pode visitarse ata o 16 de agosto en horario de 10,00 a 12,00 horas de luns a domingo e de 18,00 a 21,00 horas de luns a venres.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os lenzos de Julio Calvo, realizados con pintura acrílica e marcos artesáns de madeira, recollen planetas, flores e mandalas que falan de “unidade, forza, color, cosmos, calma, alegría e paz”, en palabras do propio artista. “Hai imaxes que pintei hai xa 50 anos”, detallou.

Pola súa parte, as creacións de José Moleiro presentan “imaxes de mundos invisibles”, segundo el mesmo explica: “Os meus cadros significan o que o espectador queira ver, ás veces cando acabo de facer un lenzo non sei nin eu o que significa; pódense ver moitas cousas, eu creo que son soños de mundos invisibles que entran na miña mente”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------