A volta ao cole en O Carballiño vén chea de cor e premios coa Festa Holi do CCA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño, setembro de 2026. O Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño pon en marcha a campaña “A volta ao cole… vén chea de cor e premios”, unha iniciativa deseñada para axudar ás familias a afrontar o novo curso escolar e seguir dinamizando o comercio de proximidade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A campaña de compras estará activa do 1 ao 11 de setembro. Durante estes días, todos aqueles que merquen nos establecementos asociados ao Carballiño CCA deberán gardar os seus tickets, xa que serán a chave para participar nos premios.

Unha xornada chea de cor e música
O broche final terá lugar o mércores 11 de setembro na Pista Roxa do Carballiño, cunha gran festa que se celebrará de 17:30 a 20:30 h. Os asistentes que presenten o seu ticket de compra recibirán a súa papeleta para participar no sorteo e, ademais, por cada ticket recibirán unha bolsa de polvos Holi (ata fin de existencias).

A xornada contará cun ambiente inmejorable, con música, un photocall para inmortalizar o momento e moita diversión para todas as idades.

Sorteo de material escolar
O punto álxido da tarde chegará ás 20:30 h, cando se realizará o sorteo presencial de 3 lotes de material escolar, perfectos para equipar aos máis pequenos da casa para o novo curso. Para optar a estes agasallos, só hai que presentarse na Pista Roxa co ticket de compra para obter a papeleta.

Desde o CCA convidan a todos os veciños e veciñas a participar nesta iniciativa, lembrando que “Mercar en Carballiño CCA ten premio”.

Esta campaña conta coa cofinanciación e a colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de O Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------