A comarca do Carballiño amosou a súa solidariedade co pobo de Ceuta

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Praza Maior do Carballiño acolleu na tarde de hoxe unha concentración de apoio á cidade autónoma de Ceuta, inmersa dende hai xa máis dun mes nunha crise social debido á entrada masiva de inmigrantes marroquíes. Ao acto, promovido e convocado en tódolos concellos do Estado dende a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), acudiron ao redor das 300 persoas da vila do Arenteiro e doutras localidades da comarca carballiñesa.

Entre os asistentes, unha nutrida representación de cargos institucionais do Partido Popular, entre eles os seis alcaldes desta formación política que gobernan en concellos da comarca, acompañados por concelleiros; o rexedor en funcións do Carballiño, José Castro-Gil e edís do seu grupo de goberno, e o parlamentario provincial, Argimiro Marnotes.

No remate da concentración, o actual reponsable local do PP, José Antonio Cerdeira, deu lectura ao comunicado oficial da FEMP, no que se demanda do Goberno do Estado a toma de medidas de apoio a Ceuta e unha solución urxente para os miles de inmigrantes de Marrocos que agora se atopan na cidade e que están a causar certa desconfianza entre a veciñanza ceutí.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------