O grupo municipal socialista critica que Jácome combata o cambio climático con máis “arboricidios e chapapote”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal socialista critica que Jácome combata o cambio climático con máis “arboricidios e chapapote” e reclama medidas excepcionais ante as altas temperaturas destes días

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Non pode ser que Jácome combata o cambio climático e as vagas de calor sen recomendacións para a saúde e sen solucións para os e as traballadoras municipais que máis afectadas se poidan ver”, sinala a concelleira Alba Iglesias

“Onde están as 10.000 árbores que dixo que se prantarían con axudas que ía solicitar á Xunta e ao Estado español?”, recorda a socialista sobre o anuncio feito polo rexedor hai máis dun ano

Ourense, 9 de agosto de 2023. Ante as elevadas temperaturas que están a asolar a cidade de Ourense, dende o grupo municipal socialista reclaman que o Goberno local implemente medidas extraordinarias para as persoas máis vulnerables. “Non pode ser que Jácome combata o cambio climático e as vagas de calor en Ourense sen recomendacións para a saúde e sen solucións para os e as traballadoras municipais que máis afectadas se poidan ver”, sinala a concelleira Alba Iglesias.

Namentres os termómetros rexistran máis de 40º nas horas centrais do día, o rexedor considera que é unha boa idea seguir ofrecendo á veciñanza máis “arboricidios e chapapote” nas rúas da cidade, como se pode observar nas distintas obras estes días. “E onde están as 10.000 árbores que dixo que se prantarían con axudas que ía solicitar á Xunta e ao Estado español?”, recorda a socialista sobre o anuncio feito hai máis dun ano.

Os e as socialistas consideran que as solucións deben desenvolverse a longo prazo. Máis, tendo en conta a situación actual, o Concello de Ourense debería abrir todas as piscinas municipais (Os Remedios, Eiroás, e Oira) gratuitamente. “Non basta con que a Xunta abra as tres de Monterrei que xa anunciaron e Jácome diga que elimina a cita previa das de Oira”, critica Iglesias ante a masificación que xa padecen estes espazos en días de menos calor.

Nesta  liña, entenden como primordial que se dea atención específica –por parte de Protección Civil e Servizos Sociais– para aquelas persoas sen teito que viven nas rúas, nos parques ou zonas de afluencia, proporcionando auga, outros refrixerios ou froitas con alto contido de auga para evitar deshidratacións na poboación de máis idade.

“Pese a que as elevadas temperaturas non son unha excepción en Ourense, o certo é que o alcalde non elaborou nin presentou un plan para combatelas nos últimos catro anos. Consideramos urxente proceder á busqueda e creación de refuxios climáticos na cidade para a protección da veciñanza dende o goberno municipal”, rematou a edil.