I Torneo Memorial LUIS SOBRINO. Este sábado día 2 no campo de fútbol de Leiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

JOSE LUIS SOBRINO RODRIGUEZ: ¿Quen non coñeceu a Luis Sobrino no mundo do fútbol Ourensán? Pois para os que non lles poda sonar, podiamolo resumir como un dos referentes futbolísticos da comarca do Carballiño e do Ribeiro.

Cando foi neno empezou a darlle patadas o balón no campo do Outeiro de Arcos o lado da sua vivienda familiar, a súa primeira ficha de futbolista federado foi co VERACRUZ, despois xa pasou os equipos de modo máis profesional, como foron o CD Arenteiro, Ponte Ourense, Bergantiños e do CD. Ourense.

COMERCIAL ORCELLÓN

Unha vez finalizado o seu paso polo mundo profesional do fútbol, a sua pasión por éste deporte levouno a seguir xogando no fútbol veterano de Ourense, participando nas competicions da Asociacion de Futbolistas de Ourense, nos equipos do BARBANTES, LAIAS E SALAMONDE BUCEFALO. Foi tamén un dos promotores e impulsores da creación do equipo Leiro Veteranos , en donde a sua aportación foi determinante para que éste equipo comenzara a competir no ano 2022.-

O obxetivo de organizar o MEMORIAL LUIS SOBRINO, xorde da idea de lembrar a súa persoa e tratar de instaurar unha data, para ter e compartir un día especial con todos aqueles que o coñecimos e tuvemos a sorte de disfrutar momentos inolvidables tanto na vida cotidiá coma nun terreo de xogo, con este Memorial pretendese que a parte dos que participan no Torneo como xogadores, participen tamen todos aqueles outros que o coñeceron e foron parte da su vida, todo nunha convivencia no campo de fútbol como a él lle tería gustado.

En esta primeira edición, a organización do torneo, considerou que solo participaran os catro equipos nos que LUIS SOBRINO xogou e perteneceu durante a sua etapa no fútbol veterano de Ourense.

O torneo nace ca intención de seguirse facendo nos próximos anos e nestas mesmas datas, coa única particularidade que é a de cambiar de estadio, quedando designado para o próximo ano o terreo de xogo de A LAMELA, en Salamonde.-

A celebración de éste primeiro MEMORIAL está prevista para o próximo sábado, día 02 de setembro de 2023, no campo de futbol de LEIRO (San Bartolomé-Luis Sobrino), o torneo

comenzará as 16:00 horas coa primeira semifinal, que disputaran os equipos do LEIRO VETERANOS e o LAIAS VETERANOS, a segunda semifinal sería disputada polos equipos do SALAMONDE BUCEFALO e o BARBANTES VETERANOS, de estos partidos saldrían os cruces para xogar polo terceiro e cuarto posto as 19:00 horas e a final do torneo que se celebrará as 20:00 horas.

Finalizado o partido da final, farase entrega a familia dunhas lembranzas do MEMORIAL, así como tamén farase entrega dos trofeos que correspondan os catro equipos participantes.

Para rematar o torneo, a organización convidará a uns pinchos no mesmo campo de fútbol, para ter un brindis todos xuntos e lembrar o noso compañeiro LUIS SOBRINO.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------