Este vindeiro domingo O Carballiño celebra a 18ª edición do Día da Bici, un evento lúdico e deportivo organizado dende a área de deportes do concello. Terá a bicicleta como protagonista, nun paseo para toda a familia. Nenos e maiores poderán gozar este día dunha agradable ruta que comezará e rematará na Praza Veracruz e cuxa distancia total será de 8 quilómetros, comezando ás 11:30 horas.
O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o venres día 6, de xeito online. Haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes e será obrigatorio o uso de casco.
