A deputada Marga Martín do Psoe forma parte de 5 comisións no Congreso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A DEPUTADA MARGA MARTÍN AMÓSASE “CONTENTA E AGRADECIDA” POR PODER FORMAR PARTE DE CINCO COMISIÓNS NO CONGRESO E EXERCER DE SECRETARIA PRIMEIRA NA DE IGUALDADE 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Onte deuse un paso máis nesta XV lexislatura para continuar ampliando dereitos sociais e traballando por acadar unha igualdade real e efectiva para todos e todas”, afirma a socialista
“É unha enorme honra e espero poder, deste xeito, axudar á cidadanía en liña directa co goberno de España”, sinala a tamén secretaria de Políticas Sociais da CENG
Ourense, 5 de decembro de 2023. A deputada pola provincia de Ourense do PSdeG, Marga Martín, amosase “contenta e agradecida” pola confianza que o partido depositou nela ao formar parte de cinco comisións para as que foi proposta. “É unha enorme honra e espero poder, deste xeito, axudar á cidadanía en liña directa co goberno de España”, sinala a tamén secretaria de Políticas Sociais da CENG.
En total, a deputada traballará en cinco comisións das 28 que onte se aprobaron: Igualdade (na que execerá de secretaria primeira e que presidirá Carmen Calvo), Sanidade, Discapacidade (na que asume o cargo de portavoz adxunta), Dereitos Sociais e Xustiza.
“Onte deuse un paso máis nesta XV lexislatura para continuar ampliando dereitos sociais e traballando por acadar unha igualdade real e efectiva para todos e todas. Xa podemos poñernos mans á obra”, rematou Martín.