Espazo Común levará a pleno a proposta da construción dun centro de día público no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Será a través dunha moción presentada para o seu debate no pleno deste vindeiro xoves 14 de decembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O coidado das persoas maiores e o apoio ás súas familias teñen que ser un dos eixes das políticas sociais impulsadas polas administracións.

O Carballiño non escapa á realidade demográfica de case todo o país e moito menos estando, como estamos, ubicados na zona cero do despoboamento. Iso que se deu en chamar a España vacíada e cuxa dinámica semella que ninguén atina a endereitar.

Cada vez menos nacementos, cada vez marcha máis a xuventude e cada día que pasa os datos de idade media da poboación aumentan de xeito máis vertixinoso.

Por suposto que a  prioridade ten que ser reverter esta pirámide que nos conduce a unha lenta agonía pero tamén é imprescindible pensar en dar as mellores condicións de vida posibles ás familias para frear esa sangría.

Levamos anos insistindo na importancia duns servizos sociais de calidade como principal elemento para fixar habitantes.

As familias traballadoras que teñen ao seu cargo nenos ou persoas maiores, van procurar vivir nun lugar que lles ofreza alternativas solventes para a atención destes en horario laboral. E no Carballiño temos eivas considerables neste sentido.

No pasado levaronse a termo un par de iniciativas privadas para a posta en marcha de centros de día de atención ás persoas maiores pero, por diversas circunstancias, hoxe no noso concello non contamos con esa posibilidade.

Si conta con elo por exemplo Leiro, onde a Xunta fixo unha gran inversión e a onde acoden moitas familias carballiñesas para buscar unha solución.

Pensamos que, coma cabeceira de comarca, temos que procurar da Xunta de Galicia un mesmo trato e acadar a inversión necesaria para a construción dun Centro de Día público que cubra esta demanda agora e no futuro.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño solicite oficialmente á Xunta de Galicia a construción dun Centro de Día público.