O IES Manuel Chamoso Lamas, como cada ano, puxo en marcha un sorteo de rifas para recadar diñeiro destinado ás viaxes de fin de curso dos seus alumnos. Coma sempre, foi a Praza de Abastos e o comercio local quenes contribuíron para achegar os produtos que conformaron o premio, unha cesta.
Os proveedores dos produtos son a Praza, Chocolates La Carballinesa, Rosquillas Corral, Confitería Cerviño, Julito Pereira e Viño Pazo Tizón.
Foron os mozos os que se encargaron de vender as rifas, entre familiares, na rúa e tamén nos comercios. Conseguiron recaudar preto de 5.000 euros coa venta nesta ocasión. Hoxe entregaron a cesta ao seu gañador, Tito Galindo, afortunado no segundo sorteo ao no aparecer o primeiro gañador.
Os praceiros, ademais do comercio local colaborar, amosáronse encantados de colaborar con iniciativas coma esta, e aseguran que o seguirán facendo.