A Deputación de Ourense retoma a Comisión de Patrimonio Cultural

Reunión da Comisión Provincial de Patrimonio. Participan César Fernández Gil (Vicepresidente Deputación Ourense), Aurleio Gómez Villar (Asesor de Cultura da Deputación Ourense), Antonio Piñeiro Feijoo(Técnico de Culura do Concello de Celanova), Eva Torres Rodríguez (Directora do Museo Municipal do concello de Ourense) e Xulio Rodríguez Gonzalez.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense retoma a Comisión de Patrimonio Cultural, constituída hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel para o mandato 2023-2027. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, preside esta Comisión de carácter consultivo que ten como obxectivo facilitar o estudo, investigación, protección, conservación, difusión e posta en valor do patrimonio cultural da provincia de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xuntanza, César Fernández propuxo diferentes cuestións relativas ao patrimonio relixioso da provincia como “a necesidade de abordar unha colaboración a tres partes entre a Deputación, o Bispado e a Xunta de Galicia, para traballar a prol da conservación do patrimonio arquitectónico relixioso da provincia”.

A Comisión tamén acordou abrir unha liña especifica de traballo e investigación sobre o patrimonio inmaterial, xa que os estatutos da propio comisión non contemplan inicialmente esta cuestión. Abordouse a necesidade de levar a cabo un inventario provincial que inclúa os espazos expositivos, museos, centros de interpretación e infraestruturas culturais de diferente natureza para achegalos á propia cidadanía e a todos os visitantes.

Entre as actividades que contempla realizar este órgano consultivo cabe destacar a conservación destes bens, a promoción de investigacións que permitan afondar no seu coñecemento, difundir os seus valores históricos e artísticos a través de diferentes iniciativas culturais, así como organizar actividades e campañas para concienciar á cidadanía sobre a súa importancia.