Co motivo da celebración do Día do Libro, o concello de Ribadavia complácese en anunciar unha serie de actividades e descontos especiais para todos os empadroados no concello de Ribadavia. Durante a semana do 22 ao 28 de abril, os veciños e veciñas de Ribadavia poderán gozar dun desconto do 20% na compra de libros nas librarías locais participantes: Follas Novas, Goyma e Mafranch.
Este evento ten como obxectivo promover a lectura e fomentar o acceso á cultura entre os habitantes de Ribadavia, incentivando así o amor polos libros e a literatura. Os descontos estarán dispoñibles nunha ampla variedade de xéneros e temas, desde novelas ata ensaios, pasando por poesía e libros infantís excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de productos á venda en ditas librarías.

Ademáis dos descontos na compra de libros, a Biblioteca Municipal de Ribadavia preparou unha serie de actividades sobre todo para os máis cativos. Entre elas inclúnse unha exposición e mostra bibliográfica “SOS Océanos”. Profundizamos nos obxetivos 14 ( Conservación dos océanos) e o 12 (Produción e consumo responsable, reciclaxe) da Axenda 2030, proxecto que iniciamos en outubro de 2023, A Maleta viaxeira “Explorando os Océanos” de CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, hoxe 2 de abril, Dia do Libro Infantil levouse a cabo o Contacontos de Maquinaria Teatro “Que contan as árbores”. Nenos do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, o 23 de abril, Dia do Libro: Teatro Calavera “Animaladas” para nenos/as do CRA Amencer, o 24 de abril terá a Visita de menos/as do CEIP de Carballeda de Avia, cun contacontos igualdade.
E tamén se fará a entrega de premios os Guardiáns Axenda 2030 que durante estes meses levaron libros relacionados co Proxecto.
Estas actividades están deseñadas para promover a lectura como unha actividade enriquecedora e praceira para todas as idades e tamén para promover o comercio local.
“O Día do Libro é unha oportunidade para celebrar a importancia da lectura nas nosas vidas”, afirmou a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez. “Complácenos ofrecer estes descontos e actividades para que todos os nosos veciños e veciñas poidan gozar da maxia dos libros”.