O Templo da Veracruz, dentro do programa Atlas Palacios que está a desenvolver o Concello do Carballiño con motivo do 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, acolleu unha nova actividade o pasado venres.
Este novo evento comezou cunha conferencia do autor do proxecto Atlas Palacios, Xosé Manuel Mouriño, seguida dunha instalación audiovisual efémera na arquitectura interior que estivo maridada cun recital da Coral Polifónica do Casino. Trátase dunha maridaxe entre imaxe e son que potencian a cabida cultural dun templo no que se crea sinerxia coa súa traidición relixiosa.