22 de xuño: I ENCONTRO “F.L.C. -Florentino López Cuevillas-“ A Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste peninsular

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

-DE VERDADE SERVE PARA ALGO ESCAVAR UN CASTRO?-
Sábado 22 de xuño 2024
PACC – Lansbrica – San Amaro, Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • CICLO DE CONFERENCIAS –
    Programa:
    10:00 horas -Acto de apertura– Fernando Rodríguez Redondo e Manuel Vázquez Fernández.
    10:15 horas –”F.L.C, un pioneiro do estudo científico dos castros”– Xulio Rodríguez González.
    10:30 horas –“10 anos de intervencións arqueolóxicas na Cidade de San Cibrao de Las”– Yolanda Álvarez González.
    11:00 horas –”A revolución das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica, a súa aplicación en castros galegos”– César Parcero-Oubiña.
    11:30 horas –”Que se conta sobre os castros? Unha ollada dende a perspectiva de xénero”– Andrea Mouriño Schick.
    12:00 horas –Pausa café–.
    12:30 horas –“Un exemplo de arqueoloxía en comunidade, a escavación do castro de San Lourenzo, A Pobra do Brollón, Lugo”- Xurxo Ayán Vila.
    13:00 horas –”Pensan as galegas e os galegos en castros?”- Manuel Gago Mariño.
    13:30 horas – Debate aberto–.
    14:00 horas – Peche da Xornada e Degustación de viño do Ribeiro.
    O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa -PACC Lansbrica- acollerá o sábado 22 de xuño de 10:00 a 14:30 horas o «I Encontro “F.L.C. -Florentino López Cuevillas-” A Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste peninsular», unha xornada na que reputados investigadores e divulgadores achegarán a actualidade arqueolóxica desta sobranceira etapa de Galicia. Ao mesmo tempo, o acto serve como punto de debate para a investigación e como unha homenaxe ao primeiro escavador do castro de San Cibrao de Las e persoeiro clave da cultura e a arqueoloxía galega, Don Florentino López Cuevillas; unha oportunidade para mirar cara o pasado e o presente da ciencia arqueolóxica galega co recordo do seu iniciador e dende o punto de vista de profesionais que seguen avanzando no seu estudo cara ao futuro.

Coordina e modera o Encontro J.C. Carrasco Valor, do Departamento didáctico do
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa -PACC Lansbrica-. Colaboran no evento a
Ruta do Viño do Ribeiro, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade
de Vigo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O.), os
concellos de San Amaro e Punxín e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Este primeiro encontro 2024 nace baixo unha suxerinte cuestión: “De verdade
serve para algo escavar un castro?”. Como resposta, os participantes na xornada
artellarán unha serie de ideas e conceptos que, sen abandonar o fío inicial da
pregunta, servirán para dar contestación a problemáticas actuais sobre a
arqueoloxía e a Idade do Ferro en Galicia e o Noroeste peninsular.
No encontro participarán:
-Fernando Rodríguez Redondo e Manuel Vázquez Fernández: alcaldes dos concellos de
San Amaro e Punxín.
-Xulio Rodríguez González: Grupo Marcelo Macías.
-Yolanda Álvarez González: doutora en Prehistoria pola Universidade Complutense de
Madrid. Profesora da U.C.M.
-César Parcero-Oubiña: doutor en Historia pola Universidade de Santiago de
Compostela. Investigador do INCIPIT – CSIC.
-Andrea Mouriño Schick: doutora en Protección do Patrimonio Cultural pola
Universidade de Vigo. Profesora da Uvigo e membro do GEAAT.
-Xurxo Ayán Vila: doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
Investigador do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa.
-Manuel Gago Mariño: doutor en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago
de Compostela. Profesor da USC.
A Xornada terá lugar o Sábado 22 de xuño 2024 a partir das 10:00 horas no Centro de
interpretación do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC Lansbrica -.
O acceso é gratuíto ata completar aforo.
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC Lansbrica -. Estrada de San Cibrao
de Las S/N CP 32455, San Amaro, Ourense.