Luis Menor asiste á inauguración do novo centro de servizos de Ibermutua en Ourense, “que de seguro incrementará os estándares de calidade no seu labor”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta tarde á inauguración do novo centro de servizos de Ibermutua en Ourense, na rúa Bernardo González Cachamuíña. Felicitou ao director xeral do organismo, Carlos Santos García, por estas novas instalacións, “que de seguro incrementará os estándares de calidade no labor que desempeña Ibermutua na nosa provincia”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Menor lembrou que a relación de Ibermutua coa Deputación remóntase a 2008 (naquel momento chamada Ibermutuamur, antes da súa fusión con Mutua Gallega), manténdose hoxe vixente o convenio ata 2025, realizado mediante concurso público. “Estes case 20 anos de colaboración entre ambas entidades falan moito a favor da prestación de servizos de Ibermutua aos 780 traballadores e traballadoras da Deputación, que son sen dúbida o máis valioso que ten a institución provincial”, destacou Luis Menor.