A área de migracións do Psdeg-Psoe de Ourense informa que o goberno alemán vén de modificar o mínimo exento para realizar a declaración da renda do ano fiscal 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo apuntan dende esta secretaría provincial “inicialmente desde principios de ano estaba fixado en 11.604 euros e queda agora establecido en 11.874 euros anuais”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, explica que esta medida “beneficia a milleiros de emigrantes retornados de Alemaña que están a percibir unha pensión do país xermano desde o ano 2015, estando obrigados a pagar tamén o IRPF á Facenda alemá”

Ourense, 30 de xullo de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense, a través da área provincial de migracións, informa de que o goberno alemán vén de modificar o mínimo exento para realizar a declaración da renda do ano fiscal 2024. Segundo apuntan dende esta secretaría provincial “inicialmente desde principios de ano estaba fixado en 11.604 euros e queda agora establecido en 11.874 euros anuais”.

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, explica que esta medida “beneficia a milleiros de emigrantes retornados de Alemaña que están a percibir unha pensión do país xermano desde o ano 2015, estando obrigados a pagar tamén o IRPF á Facenda alemá”. Tal e como apuntan as e os socialistas para o ano 2025, o limiar “elevarase a 12.084 euros e o ano 2026 fixarase en 12.330 euros anuais”. En España acábase de validar o limiar para o ano fiscal 2024 en 15.876 euros anuais como límite para non facer a declaración da renda.

Dende a secretaría provincial de Migracións do PSdeG-PSOE de Ourense lémbrase, unha vez máis, que “calquera beneficiado dunha pensión alemá, que a perciba por primeira vez no ano 2024, ten a obrigación de comunicar esta situación á Axencia Tributaria alemá (Finanzamt Neubrandenburg). Neste senso, Gulín Iglesias, subliña que “mesmo aqueles que perciben unha pensión alemá desde o 2015 e trasladan a España a súa residencia fiscal por primeira vez teñen que facer a declaración da renda alemá, aínda que alí non estivesen obrigados a realizalas ou estaban exentos”.

Estes días, grazas á axuda prestada pola secretaría provincial de migracións, unha emigrante retornada de Alemaña, veciña de Francelos en Ribadavia, recibiu a notificación que queda exenta provisionalmente.