As XXXIX xornadas de folclore celebran a súa última actuación nunha noite que celebrou a beleza da multiculturalidade en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Onte Ribadavia puxo punto e final ás Xornadas de Folclore deste ano, unha edición de éxito que deixa a todos os asistentes con ganas de que volva o próximo ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tras percorrer diferentes comarcas ourensán durante nove días, os grupos participantes nas XXXIX Xornadas de Folclore despediron onte a edición deste ano do festival. Os asistentes puideron gozar dunha explosión de música e danza coas actuacións das seis agrupacións folclóricas participantes, procedentes de  Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán.

Cada ano, unha media aproximada de 25.000 espectadores desfrutan deste evento, grazas a ese carácter itinerante pola provincia. Cada noite, dende o pasado 12 de agosto, houbo dous espectáculos en dúas vilas diferentes da provincia.

Para poñer o punto e final a unha nova edición de éxito, Ribadavia foi de novo o escenario elixido para o acto de clausura, nun marco incomparable como é o auditorio Rubén García do Castrelo.

A actuación final contou cos 173 artistas das seis agrupacións: Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán. Escoller este escenario para pechar é algo pensado polas incontables vantaxes que ofrece este espazo, en canto a organización e tamén pola boa acollida.

O repertorio de cada agrupación participante foi tan só unha pequena mostra da riqueza e variedade cultural que acolle cada país. As Xornadas son unha forma de amosar a arte e o talento dos participantes de cada agrupación. A través dos seus traxes, danzas e ritmos, os grupos poñen en valor os seu arduo traballo de investigación e recuperación do folclore tradicional dos seus países. Esta edición deixa a todos os asistentes con ganas de que as Xornadas de Folclore volvan a encher os escenarios de todas as comarcas de Ourense para celebrar a beleza da multiculturalidade.