O Carballiño acolleu esta fin de semana a Feira do Stock na edición de verán, a cal rematou con éxito de vendas e afluencia.
O Centro Comercial Aberto do Carballiño organizou esta fin de semana unha nova edición da Feira do Stock, coa finalidade de rematar a tempada con descontos de ata o 80% en todo tipo de produtos. Un total de 15 establecementos estiveron dende o venres pola tarde ata o domingo na Praza Maior, e outros moitos con ofertas no propio comercio.
Entre a oferta puidemos ver unha variedade de produtos de calidade a prezos atractivos para o gusto e desfrute de todo o mundo: dende roupa e calzado para todas as idades, decoración, complementos, xoguetes e moito máis.
Hoxe sorteouse nas redes sociais da asociación os 200 euros en vales de compra, no que puideron participar todas as persoas que mercaron algún produto na Feira do Stock.
Esta edición da feira do verán 2024 contou con moita afluencia de xente e éxito de vendas. Foi unha moi boa fin de semana de vendas, acollida polos veciños e visitantes da localidade e tamén polo bo tempo.
Foi unha moi boa fin de semanas de vendas, acollida polos veciños e visitantes da localidade e tamén polo bo tempo. Esta edición de verán contou con moita afluencia de xente que supuxo un éxito de vendas. Os negocios coinciden en que esta é unha boa iniciativa para captar clientes e para rematar co stock de tempada.