O auditorio acolle este domingo a representación da obra “Coa lingua fóra”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense representará o vindeiro domingo, ás 7 da tarde, a súa montaxe “Coa lingua fóra”, con entrada totalmente libre e gratuíta. Trátase dunha obra adaptada de textos de Sechu Sende e que este colectivo de teatro afecionado, creado hai cinco anos, protagonizará a xeito coral cun total de 24 actores e actrices en escea, e coa defensa do uso da lingua galega como argumento esencial ao traverso da comedia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, apuntou que esta representación pon un broche de ouro á programación do mes de setembro.

A directora do grupo teatral, Ánxeles Álvarez, lembrou a Suncita, a actriz carballiñesa que faleceu o pasado mes de agosto, e á que adicarán a obra a xeito de homenaxe.