I O acto institucional terá lugar mañá, xoves 10 de outubro, ás 11.30 h, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia
I Esta proposta está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación
09.10.2024. Afundación, o Concello de Xinzo de Limia e ABANCA presentarán mañá, xoves 10 de outubro, ás 11.30 h na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». No acto institucional estarán o alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz Penín; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.
A mostra «Castelao grafista (facsímile)» poderase visitar ata o 8 de novembro, de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 h e de 15.30 a 21.00 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.
Evento | Presentación da mostra «Castelao grafista (facsímile)» |
Lugar | Casa da Cultura de Xinzo de Limia |
Data e hora | Xoves 10 de outubro, ás 11.30 h |
Asistentes | Amador Díaz Penín, alcalde do Concello de Xinzo de Limia Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo |